Noticias
Xacobeo: As Pegadas que deixa o Camiño de Santiago
AMENCER-ASPACE é parte da gran festa do Xacobeo 2021 !!! Tí es parte?
01/11/2019
Amecer participa na gran festa do Xacobeo 2021 cun proxecto ilusionante chamado "As pegadas que deixa o Camiño de Santiago", esta iniciativa forma parte do programa "O Teu Xacobeo", impulsado pola Xunta de Galicia.
O obxectivo do proxecto é favorecer a inclusión e a participación de toda a sociedade na dinamización do Camiño e de Galicia, trasmitindo a importancia dun camiño aberto á diversidade á integración real , un Camiño para todas as persoas.
Os mozos e mozas do centro de día de Campolongo deseñarán e elaborarán productos promocionais do Xacobeo 2021, que poderedes atopar nos distintos eventos nos que Amencer participe e dos que vos iremos informando.
Podémosvos adiantar que nos poderedes atopar na feira de artesanía e agasallos Pontenadal do 20 de decembro ó 5 de xaneiro.
Tamén participaremos coa elaboración de cadros, que posteriormente serán expostos,
Estade atentos ás novas!!! Comezamos!!!
Archivada en:
Infórmate > Noticias