Noticias
© Diario de Pontevedra | 02/02/2026 | Imaxe da edición 2025 do SOLIFEST
A organización do SOLIFEST alerta sobre un timo usando o seu nome e a súa causa
Calquera doazón faise o mesmo día do evento e recomendase a comercios, hostaleiros e persoas que fosen contactadas ou afectadas presentar a correspondente denuncia ante a Policía.
Calquera doazón faise o mesmo día do evento e recomendase a comercios, hostaleiros e persoas que fosen contactadas ou afectadas presentar a correspondente denuncia ante a Policía.
02/02/2026 | Vilagarcía de Arousa
Dende a organización do SOLIFEST, festival solidario que se celebra en Vilagarcía de Arousa a beneficio de Amencer-ASPACE queremos alertar públicamente dun intento de estafa que se está a producto no noso nome.
Temos constancia de que persoas alleas á organización están a acudir a comercios e locais hostaleiros solicitando doazóns económicas anuais chegando nalgún caso a pedir cantidades de ata 300 euros, afirmando actuar en representación do SOLIFEST. Isto é completamente falso.
O SOLIFEST NON solicita doazóns económicas porta a porta nin acordos de colaboración anual deste tipo.
A única forma oficial de colaborar económicamente co SOLIFEST é:
- O propio día do evento, o 19 de abril, a través dos distintos postos habilitados no recinto do festival.
- Nos establecementos colaboradores que se indiquen exclusivamente a través das nosas canles e medios oficiais.
Calquera outra solicitude de diñeiro realizada no nome do SOLIFEST non está autorizada e debe considerarse unha estafa.
Pedimos a comercios, hostaleiros e persoas que fosen contactadas ou afectadas por esta situación que presenten a correspondente denuncia ante a Policía, xa que se trata dun uso fraudulento do nome do festival e dunha causa solidaria.
Dende a organización lamentamos profundamente esta situación e agradecemos a colaboración e a confianza de todas as persoas que apoian o SOLIFEST e a labor de Amencer-ASPACE.
Para información verificada, rogamos consultar únicamente as nosas canles oficiais.
Archivada en:







986 864 643
web@amencer-aspace.org
