Noticias
© Concello de Pontevedra | 25/05/2026 | 35 aniversario concello pontevedra
Amencer-ASPACE celebra os seus 35 anos nun encontro institucional co Concello de Pontevedra
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira Anabel Gulías recibiron a representantes da entidade, que destacou o apoio municipal en proxectos clave como o centro de Lourizán e a nova vivenda residencial.
25/05/2026 | Pontevedra
O alcalde de Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías, recibiron esta mañá no Concello de Pontevedra a representantes de Amencer-ASPACE con motivo da conmemoración dos 35 anos da entidade.
Amencer-ASPACE naceu en 1991 da iniciativa dun grupo de familias de persoas con parálise cerebral que buscaban dar resposta ás necesidades educativas dos seus fillos e fillas. O que comezou como un proxecto impulsado polas familias converteuse hoxe nunha entidade referente no ámbito da atención á discapacidade, con centros de atención en Pontevedra, Vilagarcía e Vigo.
O acto contou coa presenza de Carlos Godoy, presidente da entidade; Mónica Touriño, xerente; Suso Ferreiro, residente na vivienda de Amencer-ASPACE en Pontevedra; Begoña Sacristán, logopeda e a traballadora máis antiga da asociación; Isabel Portas, nai dunha alumna do colexio de Amencer-ASPACE en Lourizán; e Silvia Rey, voluntaria e responsable do programa Rodando, ofrecendo unha visión global da realidade actual da entidade.
Durante o encontro, Carlos Godoy agradeceu a especial sensibilidade amosada polo Concello de Pontevedra cara ás persoas con parálise cerebral e cara a Amencer-ASPACE, destacando dous proxectos clave na historia da entidade: a cesión do edificio que acolle o Centro de Atención Amencer-ASPACE en Lourizán, sede central da asociación; e a construción e equipamento da vivenda residencial posta en marcha en setembro de 2024 e que veu a dar resposta a unha demanda histórica das familias socias de Amencer-ASPACE.
O Concello quixo recoñecer o labor desenvolvido pola entidade ao longo destas máis de երեք décadas, destacando o seu compromiso social e o seu papel fundamental no apoio ás persoas con parálise cerebral e ás súas familias.
Archivada en:
Infórmate > Noticias







986 864 643
web@amencer-aspace.org
